Nunca Solos
PROGRAMA DE PREVENCIÓN, INTERVENCIÓN E POSTVENCIÓN DE CONDUTAS SUICIDAS
O “Programa de prevención, intervención e postvención de condutas suicidas” que dende a nosa entidade propoñemos está centrado na redución do impacto social das condutas suicidas a través do desenvolvemento de diferentes accións destinadas a prevención deste tipo de condutas e a atención a persoas afectadas por esta problemática.
O obxectivo é o de reducir e previr a conduta suicida na poboación a través de accións específicas, con particular atención a persoas en situación de vulnerabilidade. Isto inclúe proporcionar o apoio axeitado, fortalecer as redes de protección e sensibilizar á sociedade para diminuír o estigma asociado ó suicidio. O suicidio supón un importante problema de saúde a nivel mundial e xera cada vez maior impacto entre a mocidade. É importante darlle visibilidade dende as diferentes institucións, ademais de seguir traballando sobre a educación emocional e a convivencia.
como espazos privilexiados de detección do malestar emocional en poboación infantil e xuvenil, polo que se converten en espazos onde a abordaxe deste problema debería ser esencial.
A intervención psico-social coa persoa participante realizarase de xeito individualizado, familiar e grupal, flexible e integral. Para iso, o programa conta con:
- Un servizo de acollida onde, unha vez avaliadas as necesidades de cada usuario, usuaria ou familia, fanse labores de orientación e información sobre recursos singularizados de atención, orientación, e asesoramento á conducta suicida, así como apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas atendidas obter as ferramentas precisas para un bo afrontamento da problemática existente.
- Unha vez avaliadas as necesidades de cada caso, e sempre que se valore que existe a necesidade, darase acceso ó servicio de intervención onde a través das diferentes actividades que se desenvolven dentro do programa se traballará para dotar á persoa de ferramentas de afrontamento que lle permita xestionar a situación con éxito alcanzando unha mellora do seu benestar emocional e do funcionamento social. Unha mellora da situación persoal e familiar que se consigue a través do asesoramento psicolóxico, a mediación familiar e dun acompañamento que comeza dende o primeiro momento da acollida, continúa durante o proceso terapéutico e non remata ata a estabilización dos obxectivos acordados.
